PPdeG e BNG únense para pedirlle ao Goberno que compense a Galicia
PPdeG e BNG únense para pedirlle ao Goberno que compense a Galicia
Ambos os grupos acordaron pedir ao Executivo de Pedro Sánchez que “no caso de condonación ás comunidades autónomas que se adheriron ao FLA se compense equitativamente as comunidades que non o fixeron”, como é o caso de Galicia
O debate do estado da autonomía en Galicia cultivou nas negociacións da tarde deste martes un acordo de calado en materia económica, xa que o PPdeG e o BNG van pedir ao Goberno que “compense equitativamente” a Galicia no caso de que se condone a débeda a outros territorios.
Nunha transacción entre ambos os grupos, acordaron solicitarlle ao Executivo de Pedro Sánchez que “no caso de condonación ás comunidades que se adheriron ao FLA se compense equitativamente as comunidades que non o fixeron”, como é o caso de Galicia.
Ademais, na mesma proposta, o PPdeG e o BNG uníronse para demandar ao Goberno do Estado a urxente convocatoria do Consello de Política Social e Financeira, en que se aborde a reforma do modelo de financiamento autonómico.
Neste escenario, reclaman que Galicia traballe a favor de avanzar no "autogoberno económico e financeiro” para blindar uns servizos públicos de calidade. Solicitan así un “financiamento xusto para Galicia”.