Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prado acaba de segundo na cualificación e aumenta nun punto a vantaxe sobre Febvre

Prado acaba de segundo na cualificación e aumenta nun punto a vantaxe sobre Febvre

O galego saíu moi concentrado e só foi superado por Forato

G24.gal 16/09/2023 16:53

A carreira de cualificación foi a primeira pedra para o título de Jorge Prado. O lucense arriscou e demostrou que domina á perfección esta especialidade. E iso que tivo unha loita encarnizada con Romain Febvre ao que mantivo a raia durante os case trinta minutos que durou a proba.

Por diante marchou o sorprendente Forato. Gajser estivo preto ata que cometeu un erro e foi superado por Jorge Prado. O lucense aguantou os ataques do piloto francés e conseguiu un punto máis de vantaxe. Agora manexa 68 puntos de marxe para a xornada de mañá na que podería ceder ata 7 puntos e seguiría sendo campión de xeito matemático. 

Rubén Fernández acadou o quinto posto e mantivo o tipo na loita por estar o domingo na pelexa polo podio. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade