Publicador de contidos
Publicador de contidos

Prado destaca as medidas postas en marcha polo Goberno de Rueda como exemplo do compromiso cos máis novos 

Prado destaca as medidas postas en marcha polo Goberno de Rueda como exemplo do compromiso cos máis novos 

G24.gal 03/01/2024 15:00 Última actualización 03/01/2024 14:59

A secretaria xeral do Partido Popular de Galicia, Paula Prado, participou no comité de dirección de Novas Xeracións para escoitar as demandas da mocidade de cara ás vindeiras eleccións autonómicas do 18F.

Prado destacou as medidas postas en marcha polo Goberno de Alfonso Rueda como exemplo do compromiso cos máis novos. "A partir do 18 de febreiro, Galicia seguirá traballando pola xente moza e dándolles esas oportunidades que necesitan, merecen e queren", afirmou, ao tempo que amosou a súa disposición a recoller as súas propostas para incluílas no programa electoral do PPdeG. 

Tamén avanzou que incorporarán xente nova neste proceso electoral. "Está claro que vai haber renovación porque hai moitas baixas nas listas, na da Coruña xa estamos nos suplentes", asegurou, "ademais é a primeira vez que Alfonso Rueda se presenta como candidato e loxicamente terá que facer os seus equipos", engadiu. 

Ao preguntarlle sobre a posible incorporación dun neto de Manuel Fraga á candidatura de Vox ao Parlamento Europeo, Prado puxo en dúbida que ese movemento puidese ter algún tipo de influencia no voto aos populares.

"Non teñen candidato, non teñen un proxecto para Galicia, eu creo que os galegos e as galegas saberán valorar que partidos teñen proxectos serios para Galicia e que partidos pensan nos seus problemas reais, e a día de hoxe hai partidos que non teñen nin candidato nin proxecto para Galicia", concluíu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade