Prado mantén o pleno de triunfos nas carreiras de cualificación
Prado mantén o pleno de triunfos nas carreiras de cualificación
Terceiro triunfo para o lucense, con Rubén Fernández no 9º posto
A proba de Suíza disputarase o luns e verémola na G2 e en G24
A terceira proba do Mundial de Motocrós dispútase o vindeiro luns en Suíza. O sábado foi a quenda da carreira de cualificación, que este ano tamén achega puntos para a clasificación do mundial.
E neste formato o dominador indiscutible é Jorge Prado, que esta tarde completou o pleno. Tres vitorias en tres carreiras. Foi un triunfo espectacular xa que o lucense conseguiu adiantar o francés Romain Febvre na última volta.
O vigués Rubén Fernández rematou no noveno posto. Prado amplía a vantaxe no liderado, nove puntos sobre o holandés Herlings. O luns poderán ver as dúas mangas deste Grande Premio de Suíza na nosa segunda canle e en G24