Cargando resultados...
Praga de moscas nos concellos de Oleiros e Cambre
Praga de moscas nos concellos de Oleiros e Cambre
Achacan o problema ao movemento de terras a carón do río
G24.gal
23/09/2022 14:04
Unha praga de moscas afecta estes días as zonas do Temple e San Pedro de Nós, moi preto da Coruña. Os veciños din que comezaron a sufrir o problema hai sete días e que desde aquela só poden ventilas as súas casas entre as sete e as sete e media da mañá porque se o fan máis tarde as moscas invaden as súas vivendas.
Achacan a praga ao movemento de terras que se está a facer a carón do río para construír un paseo fluvial e tamén á calor que vai estes días.
Confían en que, coa baixada das temperaturas anunciada para os vindeiros días, o seu pesadelo vaia remitindo.