Publicador de contidos
Publicador de contidos

Preacordo entre Escrivá e os sindicatos para evitar a folga na Seguridade Social

Preacordo entre Escrivá e os sindicatos para evitar a folga na Seguridade Social

Prevese mellorar o cadro de persoal e os servizos e crear a Axencia Estatal da Seguridade Social

Tamén se artellará un plan de recursos humanos que permitirá teletraballar dous días á semana desde 2024 e haberá incentivos para o rendemento

G24.gal 16/05/2023 09:44 Última actualización 16/05/2023 10:31

O Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións acadou un principio de acordo cos sindicatos para mellorar a plantilla e os servizos de atención da Seguridade Social, e tamén para crear con carácter inmediato, a Axencia Estatal da Seguridade Social.

Tamén se artellará un plan de recursos humanos que permitirá teletraballar dous días á semana desde 2024 e haberá incentivos para o rendemento.

As partes reuniranse na tarde deste martes para suscribir o preacordo alcanzado e para desconvocar a folga anunciada por CCOO e CSIF para o vindeiro 7 de setembro en todos os centros da Seguridade Social. 

A creación da Axencia da Seguridade Social é un mandato recollido na recomendación octava do Pacto de Toledo, que se trasladou á reforma de pensións, instando ao Goberno a presentar un proxecto de lei antes do xuño de 2022.  

O borrador contempla a elaboración dos estudos previos necesarios para que a Administración da Seguridade Social poida estar axeitadamente preparada no momento en que entre en vigor a regulación normativa da Axencia, que integrará todas as organizacións baixo unha única estrutura.

Segundo consta no preacordo, as medidas precursoras da estrutura única da Administración da Seguridade Social rexiranse polos principios de "unificación e homoxeneización" das políticas en materia de persoal, así como pola mellora da organización e ordenación dos seus recursos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade