Publicador de contidos
Publicador de contidos

Prealerta pola seca no Sil e no Limia tras un ano cun 45 % menos de chuvia ca o pasado

Prealerta pola seca no Sil e no Limia tras un ano cun 45 % menos de chuvia ca o pasado

A chuvia dos últimos días non abondan para recuperar as reservas hídricas

Os encoros están ao 54 %, vinte puntos menos ca o ano pasado

Encoro das Portas, en Vilariño de Conso, ao 23 % da súa capacidade
G24.gal 02/06/2022 13:59

As treboadas dos últimos días deixaron acumulacións de auga importantes nalgúns puntos. Houbo estacións meteorolóxicas na Baixa Limia -Lobios, Entrimo-, que rexistraron onte mesmo arredor de 20 litros por metro cadrado, pero non abonda para recuperar as reservas hídricas.

"Cando non fixo falta inda choveu algo, pero desde que se precisa de verdade, veu un día de tormenta un pouquiño". "Pero moi pouco, moi pouco. Non se lembra de nós, aquí en Xinzo", comentan dúas veciñas de Xinzo.

Este ano choveu un 45 por cento menos que o ano pasado e os encoros da cunca Miño-Sil están de media a un 54 % fronte ao 70 % do ano pasado, con situacións especialmente alarmantes como a do encoro das Portas, en Vilariño de Conso, ao 23 % da súa capacidade. Desde a Confederación Hidrográfica advirten dunha situación de escaseza de auga semellante á de 2017.

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil: "Este ano é de anomalía hídrica de certa relevancia, o que nos leva a unha preocupación que non debe ser de alarmismo, senón de actuación consciente".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar