Premio Artesanía de Galicia a unha ceramista, unha tecedora e unha sombreireira
Premio Artesanía de Galicia a unha ceramista, unha tecedora e unha sombreireira
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou o talento e a capacidade dos artesáns galegos para facer produtos con personalidade nun mercado global
A Fundación Artesanía de Galicia entregou este luns os premios cos que cada ano recoñece o labor dos seus asociados. Na gala o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou o talento e a capacidade dos artesáns galegos para facer produtos con personalidade nun mercado global.
O premio Artesanía 2022, dotado con 9.000 euros, foi para a ceramista de Cambre Laura Delgado pola súa colección O mundo ao revés. Coctelería Peliqueira. A bolsa Eloy Gesto, con 4.000 euros para formación, levouna para a sombreireira Julia Vilariño. A tecedora Carme Riveiro, do sector do liño, gañou o premio á traxectoria e defendeu que é "posible vivir do oficio".
Alfonso Rueda destacou que a artesanía galega está presente en moitos países e colabora con marcas prestixiosas de todo o mundo. Lembrou tamén que en Galicia hai 3.300 artesáns e artesás e preto de 800 obradoiros dan emprego a 7.800 persoas.