Abegondo conta cun novo millonario: gañou 15 millóns na Lotería Nacional
Abegondo conta cun novo millonario: gañou 15 millóns na Lotería Nacional
Hai outros 25 agraciados que recibiron 130.000 euros por cada un dos décimos
Desde hai uns días, Abegondo conta cun novo millonario. gañou 15 millóns de euros nun primeiro premio da Lotería Nacional. O 9.098 foi o número agraciado. "Eu se o tivese non estaba aquí. Marcharía de vacacións", di un veciño.
Vendérono na administración de loterías de San Marcos que, polo momento, non coñece a identidade do novo millonario. "Aínda non. Especúlase algo, pero non se sabe", di José Antonio Fariña García, o loteiro de Abegondo.
Porén hai quen ten claro que faría cos cartos. "Iría de viaxe, pero só co billete de ida. Gozar e pasalo ben", comenta outra veciña.
E isto é o que farán algúns veciños das parroquias de Sarandóns e Visantoña porque neses dous lugares choveulles un total de 3 millóns 250.000 euros. Alí venderon 25 boletos premiados con 130.000 euros cada un deles.
Esta mañá eran moitos os que se achegaban a esta administración para probar sorte, porque este non é o primeiro premio importante que reparte.
"Déramos dous gordos pola semana hai xa tempo e tamén un quinto no Nadal", explica José Antonio Fariña.
Agora, tras esta chuvia de millóns, en Abegondo todos teñen en mente xa o sorteo do Nadal por se a deusa Fortuna se volve deter aquí.