Premio multimillonario da Primitiva en Galicia
Premio multimillonario da Primitiva en Galicia
O sorteo deste xoves deixou máis de 13 millóns de euros no Pereiro de Aguiar
O boleto validouse na área de servizo Pereiro Park
A lotaría Primitiva deixa un premio multimillonario na comunidade, no Pereiro de Aguiar.
No sorteo deste xoves houbo un boleto acertante de categoría especial (6 acertos+reintegro) que se validou na localidade ourensá e que, co acumulado de primeira categoría (6 acertos), está premiado con case trece millóns cen mil euros.
A persoa ou persoas que o selaron fixérono no Despacho Receptor Nº 55.090, na área de servizo Pereiro Park, que está no parque empresarial. Hai menos dun ano, en maio do 2022, xa repartiran alí o Millón do Euromillóns.
A combinación gañadora formárona os números 9, 11, 15, 22, 39 e 43. Complementario, o 34. Reintegro, o 9.