Preocupa o desabastecemento de medicamentos nas farmacias
Preocupa o desabastecemento de medicamentos nas farmacias
Os máis difíciles de atopar son os fármacos que tratan a depresión ou a disfunción eréctil
Os problemas de subministración debido á guerra de Ucraína chegan tamén ás farmacias, onde xa fan provisión de medicamentos. Hai algúns fármacos do que levan meses sen stock. Os máis difíciles de atopar son os que tratan a depresión ou a disfunción eréctil.
O problema loxístico e de suba de prezos está a provocar unha fata de subministración que preocupa os farmacéuticos, pero tamén os clientes.
Cando carecen do medicamento que demanda o cliente, intentan ofrecerlles un xenérico ou axudalos a localizalo cunha nova ferramenta dixital.
Os farmacéuticos intentan solucionar o problema como poden, pero temen que se complique no futuro se non mellora a complexa situación derivada da guerra de Ucrania.