Publicador de contidos
Publicador de contidos

Preocupación en Foz ante os ataques do lobo

Preocupación en Foz ante os ataques do lobo

Matou ovellas e cabras en varias parroquias da vila

Houbo ataques moi preto do centro de Foz

G24.gal 26/12/2023 14:16

Cada mañá, cando comeza a asomar o sol e arranca o día, no concello mariñán de Foz hai quen sae con preocupación a ver e contar os seus animais e é que os ataques do lobo neste concello son cada vez máis frecuentes. Matou xa varias ovellas e cabras que os veciños tiñan para manter limpas as leiras e sete dos ataques producíronse a apenas 500 metros do centro de Foz. San Martiño, Vilaronte, Santa Cilla ou Vilaxoane son algunhas das parroquias afectadas.

"Mátanas a dentadas, canto non sofren eses animais. Aquí nunca tal praga houbo, o dos lobos é terrible". 

Na zona suman xa numerosos afectados. Houbo casos de ataques soltos e outros múltiples. Un deles aconteceu nesta leira de cabras ao pé dun camiño.

"Tiña cabras e ovellas e matoulle as cabras e algunha ovella; segundo dixeron, sete".

Na zona os veciños están moi preocupados. É o caso de Ramón, quen xa xuntou todos os seus animais e os levou xunto á casa para tentar fuxir dos ataques do lobo.

"Medo non, pánico. Tróuxenas todas para o pé da casa porque lle teño medo ao lobo e hai que cerrarlle ás ovellas de noite".

Houbo ataques de lobo moi preto dalgunha casa e mesmo a escasos metros do centro urbano de Foz.

"Baixan por aquí, cruzan a vía do tren e van ata a ría a ver se poden comer algo. Calquera día pétannos á porta".

Na maior parte dos casos o lobo matou ovellas e cabras que os veciños teñen para o autoconsumo, e moitos veciños lamentan que tras os ataques optan xa por deixar de ter animais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar