Publicador de contidos
Publicador de contidos

Preocupación no sector do transporte pola redución á metade da bonificación no combustible

Preocupación no sector do transporte pola redución á metade da bonificación no combustible

O combustible cústalles un 30 por cento máis ca hai un ano

G24.gal 03/04/2023 14:15

Comeza a semana laboral para o sector do transporte cunha novidade importante como é a redución á metade da bonificación no carburante, que pasa dos 20 aos 10 céntimos por litro durante os próximos tres meses.

O recibo por encher o depósito dun camión, e falamos de moitos litros, é máis caro dende este sábado. O Goberno fixo oídos xordos á reclamación dos transportistas para ampliar, polo menos outros tres meses, o desconto de 20 céntimos. 

O sector séntese moi prexudicado. José Fernández, presidente de Tradime Lugo, di que entenden que a situación non está agora para reducir a bonificación. Un camioneiro cóntanos que haberá que ver como evolucionan as cousas porque agora a cousa no sector "está moi complicada".

Complicado porque o combustible cústalles un 30 por cento máis ca hai un ano, pero complicada tamén polo incremento xeneralizado dos custos. 

Quéixanse tamén polo atraso nos aboamentos das bonificacións. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade