Publicador de contidos
Publicador de contidos

Crespo, alcalde de Lalín, sobre a Feira do Cocido: "É un dos principais motores económicos"

Crespo, alcalde de Lalín, sobre a Feira do Cocido: "É un dos principais motores económicos"

Esta fin de semana Lalín será a capital gastronómica de Galicia

G24.gal 31/01/2024 14:04

Lalín vai ser esta fin de semana o epicentro das festas populares de Galicia coa celebración unha nova edición da Feira do Cocido.

O venres arranca o programa de festexos coa Gala da Gastronomía de Galicia. De aí ao día grande, o domingo, haberá de seguido música, desfiles, pero, sobre todo, degustación de cocidos. Unha festa declarada de Interese Turístico Internacional que naceu hai 56 anos da man dos concellos da comarca, e que hoxe é un dos seus principais motores económicos.

José Crespo, alcalde de Lalín, di que daquela se xuntaron seis alcaldes coa idea de vender os produtos do interior para a xente da costa. Anos despois foron decatándose da importancia económica do evento para a comarca.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar