Publicador de contidos
Publicador de contidos

Presentan o operativo que se encarga de velar pola seguridade nas rutas xacobeas

Presentan o operativo que se encarga de velar pola seguridade nas rutas xacobeas

No que vai de mes na ruta xacobea na provincia da Coruña prestaron máis de mil servizos e 340 auxilios a peregrinos

G24.gal 14/08/2024 15:44

Non é unha escena habitual no faro de Fisterra: axentes da Garda Civil a cabalo. Son parte do operativo de seguridade despregado no Camiño.

E o seu traballo semella produtivo. No que vai de mes na ruta xacobea na provincia da Coruña prestaron máis de mil servizos e 340 auxilios a peregrinos.

Este mércores quixeron dalgún xeito facer visibles os seus medios, a cabalo, a pé e tamén coa súa oficina móbil. O seu primeiro obxectivo, a seguridade e tranquilidade do peregrino.

 Este operativo desprégase cada ano por todas as comunidades autónomas por onde pasa o Camiño pero na provincia da Coruña é onde ten maior presión, xa que aquí converxen todas as rutas xacobeas.

Esta semana superábase a cifra de trescentos mil peregrinos chegados a Compostela, catro mil persoas diarias e cada vez máis son os que continúan ata Fisterra.

Xunto aos axentes da Garda Civil, como noutros anos, colaboran neste operativo que remata en outubro, membros da Policía de Alemaña, Italia e Francia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade