Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un millón de euros e máis de 1.000 metros cadrados no Gaiás para o xuízo do Alvia

Un millón de euros e máis de 1.000 metros cadrados no Gaiás para o xuízo do Alvia

O edificio CINC da Cidade da Cultura será a sala de vistas máis grande de Galicia

165 vítimas e 700 testemuñas e peritos, chamados a declarar 

O xuízo comeza o vindeiro 5 de outubro 

 

G24.gal 09/09/2022 14:44 Última actualización 09/09/2022 15:22

Seguindo as necesidades establecidas polo Xulgado do Penal número 2 de Santiago, o edifico CINC da Cidade da Cultura converterase o vindeiro mes na sala de vistas máis grande de Galicia. Máis de 1.000 metros cadrados habilitados para albergar unha causa en que estarán presentes máis dun cento de avogados, 165 vítimas e preto de 700 testemuñas e peritos chamados a declarar.  

"Necesitabamos unha superficie mínima de 400 metros cadrados para a sala de vistas, para o tratamento de vídeo e de audio, espazo para 100 persoas nas bancadas e unha sala de prensa cun mínimo de 150 metros cadrados, así como unha sala adicional de 180 metros cadrados para o público”, aseguraba o vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo.

Cun investimento de preto dun millón de euros, habilitarase na parte baixa do edificio unha sala de vistas cun cento de cadeiras para o público asistente e unha oficina xudicial anexa. No andar superior habilitarase a sala de prensa cunha pantalla para o seguimento do xuízo, unha sala de togas e outra sala para máis público. 

Diego Calvo asegura : "Creo que hai espazo suficiente para que todas as persoas que teñen que vir poidan facelo coas mellores garantías"

Nas vindeiras semanas realizaranse as probas necesarias para que, a partir do vindeiro 5 de outubro, o xuízo polo accidente do tren en Angrois se desenvolva sen ningún fallo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade