Peixe e marisco aguantan prezos a pesar da demanda de fin de ano
Peixe e marisco aguantan prezos a pesar da demanda de fin de ano
A ameixa está incluso máis barata ca no verán e o Nadal pasado
A praza do Grove, nunha das capitais galegas do marisco, os clientes recoñecían que, de momento, as ceas de fin de ano non teñen o efecto doutras veces sobre os prezos. Dous clientes confirman que o marisco non está caro.
Entre os peixes: o rodaballo, a 45 euros o quilo; o linguado, a 35; a robaliza grande e salvaxe, a 30; a pescada grande, a 20... Algúns escasean porque o mal tempo non deixou traballar ben a baixura estes días.
Entre os mariscos os máis demandados están a centola, camarón, nécora, percebe e cigala. Só están máis caros do normal a nécora e lumbrigante.
Chama a atención a ameixa: está máis barata ca no verán e moito máis barata ca o ano pasado por estas datas. Unha praceira di que a ameixa non vai cara e que o ano pasado era un disparate.
Hai que ter en conta que o marisco barato non pode ser. O marisco bo, porque os prezos poden variar pero tamén varían, e moito, as calidades.