Publicador de contidos
Publicador de contidos

Axentes da Policía Local, Autonómica e Nacional reforzan a noite compostelá

Axentes da Policía Local, Autonómica e Nacional reforzan a noite compostelá

O dispositivo especial púxose en marcha tras os dous acoitelamentos ocorridos nas últimas semanas

G24.gal 14/01/2023 09:07 Última actualización 14/01/2023 16:59

O ocio nocturno en Santiago de Compostela conta dende esta fin de semana cun dispositivo policial reforzado, despois de dous acoitelamentos que se produciron a semana pasada e que remataron cun home falecido e outros dous feridos.

Esta noite, un amplo dispositivo da Policía Nacional, Local e Autonómica controlou as zonas onde se concentran a maior parte dos locais de lecer para evitar liortas e actos delituosos. O resultado foi de ausencia case total de incidentes.

O reforzamento centrouse nas discotecas e pubs do Ensanche compostelán, preto dos lugares onde aconteceron os acoitelamentos. Segundo o voceiro da Policía Nacional, César Ramos, non se produciu ningún incidente salientable, agás algún control de alcoholemia a condutores.

Reclamación veciñal e sindical

O reforzamento da presenza policial nas rúas é unha das reclamacións da veciñanza, pero tamén dos propios sindicatos policiais.

O secretario xeral do SUP na comunidade, Roberto González, lembra que os cadros de persoal en Galicia seguen a ser insuficientes, malia as últimas incorporacións por concurso de méritos.

Esta noite está previsto que o dispositivo policial na capital integre aínda máis efectivos para garantir a seguridade da cidadanía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade