O pico da vaga de calor en España será o mércores
O pico da vaga de calor en España será o mércores
O risco de incendios forestais é extremo en case todo o territorio
Neste primeiro día da nova vaga de calor, soben as temperaturas diúrnas en toda España menos na vertente mediterránea e as Baleares. A calor, que pode chegar aos 42 graos en Andalucía, Estremadura e Cidade Real, mantén con alertas laranxas e amarelas o centro e sur da península. O risco de incendios forestais é extremo en case todo o territorio.
O pico máximo chegará o mércores, xornada en que se rexistrarán máximas extremadamente altas no norte, que poden ser de 40 graos en cidades como Burgos ou Soria, e que superarán no sur e na zona centro aos 44.
Durante esta primeira vaga de agosto, as temperaturas van estar ata 15 graos por riba dos valores habituais deste mes. E non só as máximas, pois as mínimas tamén van ser moi elevadas con noites mesmo con máis de 25 graos. Este inusual episodio está previsto que remate o venres.