Primeiras iniciativas do BNG no Parlamento: unha empresa pública de enerxía e a tarifa eléctrica galega
Primeiras iniciativas do BNG no Parlamento: unha empresa pública de enerxía e a tarifa eléctrica galega
Primeiras iniciativas do BNG no Parlamento: unha empresa pública de enerxía e a tarifa eléctrica galega
Pontón subliñou que as dúas proposicións de lei buscan colocar a riqueza enerxética de Galicia ao servizo das familias e das empresas do país
A líder de BNG, Ana Pontón, rexistrou este mércores as dúas primeiras iniciativas lexislativas do seu grupo para esta lexislatura: a creación dunha compañía eléctrica 100 % pública e dunha tarifa para os residentes en Galicia. Deste xeito, os nacionalistas comezan a lexislatura con dúas das súas tradicionais propostas para consolidar en Galicia un novo modelo enerxético.
Tras o rexistro destas iniciativas, Pontón remarcou que as dúas proposicións de lei buscan colocar a riqueza enerxética de Galicia ao servizo das familias e das empresas do país “fronte ao negocio privado e especulativo dunhas poucas multinacionais”.
“Queremos que a enerxía e os recursos naturais ao servizo da sociedade”, reiterou Pontón.
Tamén subliñou que unha tarifa da luz máis baixa non só aliviará os custos enerxéticos das familias, senón que será un revulsivo económico de grande impacto que “nos permitirá ser máis competitivos e crear emprego e riqueza en Galicia”.
A dirixente do BNG incidiu na importancia destas cuestións xa que segue sendo unha “materia pendente” que Galicia e os seus cidadáns poidan “beneficiarse da riqueza eléctrica” do territorio para poder acceder aos “beneficios” da enerxía e non só aos “prexuízos” como ata o de agora.