Publicador de contidos
Publicador de contidos

"Garantiremos a defensa das mulleres", di Illa tras o dobre crime machista de Rubí e Castellbisbal

"Garantiremos a defensa das mulleres", di Illa tras o dobre crime machista de Rubí e Castellbisbal

O Goberno estuda retirar as condecoracións ao comisario xubilado que cometeu estes asasinatos machistas

G24.gal 21/08/2024 14:22

É o primeiro dos tres días de loito declarados en Rubí e Castellbisbal, as localidades catalás onde mataron as mulleres dun dobre crime que se investiga como violencia machista.

Veciños e autoridades concentrábanse esta mañá perante o concello de Rubí para condenar e amosar a solidariedade ás familias destas dúas mulleres. Silencio e aplausos que se repetirán esta tarde en Castellbisbal.

O presidente da Generalitat de Cataluña sumouse a estes actos e comprometeuse na loita contra a violencia machista da man da sociedade.

"Estamos e estaremos comprometidos na defensa das mulleres para garantir a súa vida e seguridade. Todos xuntos temos que facer máis. En primeiro lugar denunciando os que negan a violencia machista e en segundo lugar poñendo todos os recursos dispoñibles para garantir a liberdade e a igualdade de todas as mulleres", dixo Salvador Illa.

O presunto autor do dobre crime é un comisario da Policía Nacional xubilado. A investigación apunta que se suicidou cunha arma de fogo despois de asasinar a tiros a súa exmuller en Rubí e a parella actual na casa que compartían en Castellbisbal. O Goberno estuda retirarlle as condecoracións que lle concederon todos os corpos policiais en Cataluña.

O delegado do Goberno en Cataluña, Carlos Prieto, explicou que "estudamos cales son as posibilidades xurídicas e administrativas para poder facer unha retirada destas condecoracións. De momento estase estudando. Ata que non teñamos o informe dos Mossos d'Esquadra non poderemos tomar as decisións que poderíamos chegar a toma. Polo tanto, pido paciencia" 

Non había denuncias previas de maltrato. Ningunha das dúas mulleres aparecía no sistema de vixilancia VioGén.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade