Cargando resultados...
Primeiro morto por facer 'balconing' en 2022
Primeiro morto por facer 'balconing' en 2022
Era un turista británico que caeu desde o un balcón do sétimo piso dun hotel de Mallorca
G24.gal
12/05/2022 21:37
Última actualización 12/05/2022 21:50
Un turista británico de 34 anos faleceu hoxe cando facía balconing nun hotel de Magaluf, en Mallorca.
Unha testemuña gravou a caída do home tras comprobar que facía cousas estrañas e intentaba pasar desde un balcón do sétimo piso ata o de abaixo, pero precipitouse ao baleiro.
A súa morte foi practicamente instantánea e os servizos de emerxencias sanitarias non puideron facer nada por salvarlle a vida.
É a primeira vítima mortal polo coñecido como balconing neste 2022.