Publicador de contidos
Publicador de contidos

Prisión cautelar para acusados de tráfico de persoas no naufraxio con centos de mortos en Grecia

Prisión cautelar para acusados de tráfico de persoas no naufraxio con centos de mortos en Grecia

Os nove negan pertencer a unha rede de tráfico de persoas

Entre os rescatados hai 43 son exipcios, 47 sirios, 12 paquistanís e dous palestinos

G24.gal 21/06/2023 10:24

A Fiscalía grega ditou prisión preventiva para os nove acusados de tráfico de persoas polo naufraxio a semana pasada dun barco con centos de refuxiados e migrantes a bordo, dos que ata o de agora se recuperaron 82 cadáveres.

Tras declarar durante 13 horas, a Fiscalía da cidade grega de Kalamata ditou a última hora do martes prisión preventiva para os nove homes, de nacionalidade exipcia, acusados de tráfico ilícito de migrantes, causar un naufraxio, homicidio neglixente e poñer vidas en perigo.

Os nove, que se contan entre as 104 persoas rescatadas do naufraxio, negan pertencer a unha rede de tráfico de persoas e declararon que pagaron como o resto de migrantes para realizar a viaxe no ateigado pesqueiro, segundo publica o diario Efsyn.

Segundo os testemuños dos rescatados, unhas 700 persoas, a metade cidadáns de Paquistán, viaxaban no barco, entre elas moitos nenos e mulleres, nunha das maiores traxedias de refuxiados rexistradas no Mediterráneo.

Mientra seguen as operacións de busca ao suroeste da península do Peloponeso, onde a madrugada do pasado mércores naufragou o barco, sen que haxa posibilidade de que se atope alguén con vida.

As autoridades recuperaron onte un cadáver máis na zona, polo que a cifra oficial de falecidos é xa de 82.

A embarcación partiu de Exipto, fixo unha escala no leste de Libia, onde embarcaron os migrantes, e despois seguiu rumbo a Italia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade