Publicador de contidos
Publicador de contidos

Prisión provisional para o presunto asasino dunha moza de 29 anos en Barro

Prisión provisional para o presunto asasino dunha moza de 29 anos en Barro

Arremeteu contra o coche da vítima no seu vehículo nun cruzamento na estrada N-550

G24.gal 21/03/2022 14:35

Jéssica Méndez, de 29 anos, foi arremetida a gran velocidade polo vehículo que conducía o seu presunto homicida, José Eirín, de 41 anos. A vítima estaba parada nun stop a tan só 200 metros da vivenda da súa avoa e a súa irmá. Non hai marcas de freada nunha zona que coñecía ben o home que hoxe pasou a disposición xudicial e que foi detido ao día seguinte do sinistro.

As investigacións da Garda Civil falan de boa visibilidade e un volantazo que explique como desprazou o coche de Jéssica 15 metros tras o impacto frontolateral. 

José Eirín está investigado por homicidio, pero esa cualificación podería cambiar a asasinato se o presunto crime, como todo parece indicar, se planeou con premeditación. A partir de aí tamén se decidirá a súa inclusión ou non na categoría de crime machista.

Non eran parella sentimental, nin moito menos, foran veciños, as familias coñecíanse e Jéssica xa denunciara acoso pola súa parte por vixiala e mesmo por picarlle as rodas do seu coche nunha ocasión. No círculo dela, aínda que chegaron a poñer cámaras na vivenda por precaución, non pensaron xamais que José chegaría tan lonxe.

Esta tarde terá lugar o funeral por Jéssica en Verducido, de onde era natural e onde onte se celebrou o enterro. Despois haberá unha concentración de repulsa polo suceso no concello de Barro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade