Prisión para os dous detidos en relación coa morte en Ourense dun músico da rúa
Prisión para os dous detidos en relación coa morte en Ourense dun músico da rúa
Os dous arrestados pasaron este xoves a disposición xudicial acusados dun delito de homicidio
O Xulgado de Instrución número 1 de Ourense decretou este luns prisión provisional para os dous detidos polo homicidio dun músico da rúa ocorrido o xoves pasado na cidade das Burgas, segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Os dous presuntos homicidas foron postos ao dispor xudicial na tarde desde xoves pola agresión con arma branca que acabou coa vida do frautista que vivía na rúa, onde tocaba e pedía esmola.
Eses feitos producíronse o pasado xoves de madrugada, aínda que o músico faleceu posteriormente no hospital.
Ademais do homicidio do frautista, teñen outra causa aberta por un roubo con violencia en concurso cun delito de lesións (un presunto acoitelamento) ocorrido a madrugada do 26 de xullo.
Por esta segunda instrución acordouse o ingreso en prisión comunicada e sen fianza dun dos detidos.