Publicador de contidos
Publicador de contidos

Prisión para un dos catro detidos no operativo contra o narcotráfico no Salnés

Prisión para un dos catro detidos no operativo contra o narcotráfico no Salnés

A titular do Xulgado Número 2 de Caldas de Reis acordou tamén a posta en liberdade sen medidas cautelares dos outros tres detidos no marco da operación Horda

Deteñen catro persoas na provincia de Pontevedra nunha operación contra o narcotráfico

G24.gal 12/09/2024 14:16

A titular do Xulgado de Instrución Número dous de Caldas de Reis (Pontevedra) decretou o ingreso en prisión provisional dun dos arrestados e a posta en liberdade, sen medidas, dos outros tres detidos no marco da operación Horda despegada contra o narcotráfico no Salnés.

Segundo informou este xoves o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), todos eles están investigados por un delito contra a saúde pública.

En concreto, as catro persoas foron arrestadas o pasado martes tras incautárense de sete quilos de cocaína e dez de haxix nunha operación con rexistros nas localidades pontevedresas de Ribadumia, Caldas de Reis e en Monterroso (Lugo).

Fontes próximas á investigación consultadas por Europa Press detallaron que a operación, denominada Horda, foi levada a cabo por efectivos da UDYCO de Pontevedra.

No balance provisional, ademais, figura a incautación de 140.000 euros en efectivo, tres vehículos, varios teléfonos móbiles e diversa documentación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade