Prisión preventiva para os catro tripulantes da narcolancha interceptada ao sur das Canarias
Prisión preventiva para os catro tripulantes da narcolancha interceptada ao sur das Canarias
Un dos catro detidos é un galego, fillo dun piloto de Sito Miñanco
O xuíz impútalles o delito de tráfico de drogas en cantidade notoria
O xuíz da Audiencia Nacional Francisco de Jorge ordenou este venres o ingreso en prisión provisional dos catro tripulantes dunha narcolancha que transportaba 4.350 quilos de cocaína procedente de América do Sur e que foi interceptada a uns mil quilómetros das illas Canarias.
O titular do Xulgado Central de Instrución número 1 da Audiencia Nacional adoptou esta decisión a pedimento da Fiscalía Antidroga, tras tomar declaración aos catro detidos, aos que lles imputa un delito de tráfico de drogas en cantidade de notoria importancia.
Entre os catro detidos, de nacionalidade española, romanesa, marroquí e moldava, figura o galego José Manuel Costa Hermida, xa coñecido pola Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, segundo as fontes consultadas. Tras a abordaxe, a embarcación e os detidos foron conducidos ao porto de Santa Cruz de Tenerife.