Publicador de contidos
Publicador de contidos

Prisión provisional para nove detidos en Pontevedra e A Coruña por tráfico de drogas

Prisión provisional para nove detidos en Pontevedra e A Coruña por tráfico de drogas

O xefe da rede fora arrestado na súa vivenda situada no barrio da Caeira, no concello de Poio

O barrio da Caeira, onde foi detido o suposto xefe da rede O barrio da Caeira, onde foi detido o suposto xefe da rede
G24.gal 23/09/2023 13:24 Última actualización 23/09/2023 14:01

A responsable do xulgado de instrución número 2 de Ferrol decretou o ingreso en prisión provisional e sen fianza para nove detidos na operación contra o narcotráfico desenvolvida esta semana nas provincias da Coruña e Pontevedra.

Entre os arrestados está o suposto xefe da rede, ao que prenderon na súa vivenda da Caeira, un exclusivo barrio do concello de Poio. Tamén os mozos que se encargarían de mover pola comarca de Ferrolterra a droga procedente de Vigo.

A Policía Nacional detivo un total de dez persoas pero só nove pasaron a disposición xudicial. Nos nove rexistros efectuados, comisaron distintas cantidades de cocaína, heroína e haxix, 50.000 euros en efectivo, coches de alta gama e material para manipular e vender a droga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade