Publicador de contidos
Publicador de contidos

Prisión provisional para o adulto implicado no acoitelamento dun mozo en Ferrol

Prisión provisional para o adulto implicado no acoitelamento dun mozo en Ferrol

A vítima está ingresada en planta, no CHUAC, e evoluciona de xeito favorable

Os dous menores, segundo o acordado pola Fiscalía, pasaron a internamento en réxime pechado

G24.gal 21/11/2022 16:49 Última actualización 21/11/2022 18:53

A Policía Nacional abriu unha investigación para esclarecer a brutal agresión que tivo lugar na madrugada deste domingo no apeadoiro de Ferrol, moi próximo á discoteca de onde pouco antes saíra a vítima.

A Policía Nacional detivo tres homes, un maior de idade e dous menores, por un roubo cun apuñalamento.

O adulto detido, xunto a outros dous menores, en Ferrol ingresou este luns en prisión provisional.

Os dous menores, segundo o acordado pola Fiscalía, pasaron a internamento en réxime pechado

Tras o seu paso a disposición xudicial, a maxistrada decretou o seu ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza.

Está investigado por un delito de roubo con violencia e intimidación e por un delito de lesións.

Nun acto na Coruña, a subdelegada do Goberno María Rivas detallou que esta fin de semana se producira "un roubo con violencia durante o que golpearon á vítima e lle produciron varias feridas incisas no corpo".

O agredido permanece ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña con prognóstico menos grave.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade