Publicador de contidos
Publicador de contidos

Prisión sen fianza para a exparella da moza asasinada xunto a seus pais en Guadalaxara

Prisión sen fianza para a exparella da moza asasinada xunto a seus pais en Guadalaxara

É o cuarto detido en relación con estes asasinatos

Está investigado como presunto indutor de roubo con violencia

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 29/04/2024 20:07

Decretan prisión provisional sen fianza para a  exparella da moza de 22 anos asasinada xunto aos seus pais na súa vivenda de Chiloeches (Guadalaxara) o pasado 13 de abril.

Está investigado como presunto autor de delito de roubo con violencia en casa habitada na modalidade de indutor, segundo o Tribunal Superior de Xustiza de Castela-A Mancha, aínda que a imputación é provisional e terase que concretar, en todo caso, ao longo da investigación xudicial.

É o cuarto detido en relación con estes asasinatos, xa que tamén están en prisión provisional comunicada e sen fianza dous homes, aos que se lles imputa un delito de asasinato, roubo con violencia en casa habitada e delito de incendio, e unha muller, que foi detida pero quedou en liberdade provisoria.

A causa continúa baixo segredo de sumario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade