Publicador de contidos
Publicador de contidos

Prisión sen fianza por chocar intencionadamente contra o coche dunha veciña

Prisión sen fianza por chocar intencionadamente contra o coche dunha veciña

A moza, de 29 anos, morreu horas despois do accidente

Vítima e agresor eran veciños de Barro, e ela denunciárao por acoso

José Eirín entrando este luns nos xulgados de Caldas
G24.gal 21/03/2022 18:52

Entre berros de dor e insultos. Así entrou este luns no xulgado de Caldas José Eirín, o acusado de chocar intencionadamente o seu coche contra o de Jéssica Méndez. A moza, de 29 anos, estaba parada nun stop. Horas despois do impacto, morreu no hospital. 

José e Jéssica eran veciños en Barro. Vivían porta con porta e a relación entre as familias era boa. Pero Jéssica denunciárao hai tempo por acoso. El vixiábaa constantemente e mesmo lle picara as rodas do coche. A familia dela chegou incluso a poñer cámaras de seguridade na vivenda por precaución. 

Polo de agora, o crime non se considera oficialmente un caso de violencia machista. Pero a José investígano por un delito de homicidio ou asasinato. O xuíz que instrúe o caso decretou para el prisión sen fianza.

"O que temos é un accidente de tráfico, si se esta investivando como homicidio doloso, e xa veremos o que resulta da investigacion, se é un ccidente ou se detrás do mesmo hai algo máis", José Miñones Delegado do Goberno en Galicia

Na tarde deste luns oficiouse o funeral por Jéssica en Verducido, de onde era natural e onde onte tivo lugar o enterro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade