Problemas de abastecemento nas farmacias españolas
Problemas de abastecemento nas farmacias españolas
A crise da industria alemá pola ruptura da alianza enerxética con Rusia podería estar detrás do problema
Os profesionais fan un chamamento á calma porque hai alternativas para todos os tratamentos que faltan
A amoxicilina en formato infantil, un dos antibióticos máis comúns, presenta problemas de abastecemento nas farmacias, pero non é o único.
"Houbo un momento que non había ningunha amoxicilina e tamén houbo outros problemas con medicamentos para a asma", conta o farmacéutico Alfonso Teijeiro.
Nalgúns casos poden adaptarse os medicamentos de adultos a doses para nenos.
O problema aparece cando non hai alternativas que poidan decidir na propia farmacia.
Os profesionais insisten en que non hai motivo para a alarma, xa que sempre hai opción para os tratamentos.