Problemas para alugar para familias e estudantes en Galicia con pouca oferta e prezos altos
Problemas para alugar para familias e estudantes en Galicia con pouca oferta e prezos altos
Nas axencias inmobiliarias din que a estas alturas do verán quedan poucas vivendas dispoñibles para alugueiro turístico.
"As empresas e persoas que se dedican a este tipo de aloxamentos e alugueiro din que se aluga todo anticipadamente. Galicia é un destino cada vez máis demandado e quedan poucas vivendas dispoñibles".
Sobre os lugares máis demandados, poucas sorpresas.
"Sanxenxo, A Coruña, a costa norte de Lugo, son lugares moi demandados.".
Desde a asociación galega de inmobiliarias aseguran que as vivendas de uso turístico acrecentan os problemas do mercado do alugueiro.
"En canto á vivenda de uso turístico, cremos que hai concellos como o de Compostela que están regulando, e regulando ben, e que xa se está notando aínda que sexa pouco esta parte de regulación e de ordenación deste modelo de negocio".
Pero o caso é que en cidades coma Santiago non hai oferta dabondo e de calidade para familias e estudantes.
"A situación este ano é estable dentro da gravidade: hai moi poucos pisos, prezos moi altos, moi pouca oferta e moita demanda, co cal os pisos tenden a subir".