Cargando resultados...
Prohiben o consumo de auga en dous núcleos do municipio de Mañón, na Coruña
Prohiben o consumo de auga en dous núcleos do municipio de Mañón, na Coruña
As análises detectaron a presenza de niveis anómalos de trihalometanos
A auga non pode utilizarse nin para beber nin para cociñar
G24.gal
28/09/2023 17:57
O alcalde de Mañón, Alfredo Dovale, emitiu un bando este xoves en que traslada á poboación que, tras as últimas analíticas de auga da traída, queda prohibido o consumo de auga nos núcleos da Vila de Bares e O Porto de Bares.
Esta decisión tómase logo de que as análises detectaran a presenza de niveis anómalos de trihalometanos. A auga non pode utilizarse nin para beber nin para cociñar, pero si para a hixiene persoal e outros usos domésticos.
O rexedor afirma que "a finalidade das medidas adoptadas é reducir ou eliminar riscos potenciais para a saúde da poboación".