Publicador de contidos
Publicador de contidos

Protestas en Vigo por un ascensor que leva dous meses avariado

Protestas en Vigo por un ascensor que leva dous meses avariado

A alternativa máis curta que teñen os cidadáns é subir por unhas escaleiras que unen as dúas rúas uns 50 metros do ascensor

G24.gal 23/11/2021 15:04

A situación xa acaba coa paciencia de moitos usuarios. Moitos cidadáns de Vigo acoden ao ascensor, e danse conta dun cartel que indica que o elevador non está operativo por razóns de mantemento e reparación.

Hai xente que o empregaba todos os días, utilizábao para ir facer a compra a Torrecedeira porque viven nunha súa zona onde non hai supermercados.

A alternativa máis curta que teñen os cidadáns é subir por unhas escaleiras que unen as dúas rúas uns 50 metros do ascensor. Pero as persoas maiores quéixanse de que están cheas de carriza, son esvaradías polo que resulta moi fácil caer, ademais de supoñer un esforzo que moitos non poden superar.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade