Publicador de contidos
Publicador de contidos

Provoca a explosión da súa vivenda en Ponferrada antes de ser desafiuzado

Provoca a explosión da súa vivenda en Ponferrada antes de ser desafiuzado

O home acudiu á policía para confesar os feitos

O edificio quedou destruído, pero non houbo danos persoais

A fachada derrubouse sobre a rúa e danou varios vehículos
ANA LOIS 13/01/2022 19:15

A explosión produciuse pouco antes das catro da madrugada na rúa Alcón, en Ponferrada.

O home que supostamente a provocou entregábase despois na policía para confesar o ocorrido.

Dixo que ía ser desafiuzado nos vindeiros días do piso que ten alugado e que por iso causou unha explosión de gas.
A detonación provocou un grande incendio.

Destruíu por completo o teito, a planta alta do edificio e fixo que a fachada se derrubara sobre varios coches aparcados na rúa.  A policía tivo que evacuar 5 persoas dos edificios lindeiros pero, afortunadamente, ninguén resultou ferido.

"Eran as catro da mañá, non había viandantes pola vía pública e no edificio o inquilio era o único habitante, así que non se produciron danos persoais".

O causante da explosión, un home de 36 anos, pasará nas vindeiras horas a disposición xudicial. Acúsano dun delito de incendio provocado e doutro de danos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade