Publicador de contidos
Publicador de contidos

Publicada a lista provisional de admitidos nas escolas infantís da Xunta

Publicada a lista provisional de admitidos nas escolas infantís da Xunta

O luns ábrese un período de cinco días para presentar alegacións

G24.gal 05/05/2023 16:01

As familias que solicitasen praza para o próximo curso 2023-2024 nas máis de 170 escolas infantís públicas autonómicas poden consultar as listas provisionais de admitidos na web da Consellería de Política Social e Xuventude.

O departamento que dirixe Fabiola García sinala que a partir do próximo luns, día 8 de maio, e ata o venres 12 abrirase un período para presentar alegacións.  

As listas definitivas daranse a coñecer o día 31 deste mesmo mes, unha vez feito o cribado de solicitudes dun mesmo neno para varias escolas.

Unha vez publicada a relación de admitidos, as familias terán de prazo do 1 ao 14 de xuño para formalizar a matrícula dos fillos. O inicio do curso nos centros de 0 a 3 da Xunta está fixado para o día 5 de setembro.

No curso 2023-2024 a atención educativa será de novo gratuíta para o 100 % do alumnado en todas as escolas infantís de Galicia durante oito horas ao día e 11 meses ao ano, tanto nas que forman parte da rede pública autonómica da Xunta como nas que dependen dos concellos, nas de iniciativa social e nas privadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade