Puigdemont postúlase como a solución para "culminar" a independencia
Puigdemont postúlase como a solución para "culminar" a independencia
Junts+ e o PP presentaban este sábado as candidaturas para os comicios cataláns
Puigdemont cargou contra o Govern de Esquerra por desaproveitar a maioría independentista
Desde o sueste de Francia, en Elna, moi preto da fronteira con Cataluña, Carles Puigdemont, presentou as candidaturas de Junts+ apelando ao cambio. Cualificou o Goberno de Aragonés como desnortado e incapaz de cumprir os seus compromisos.
O número un de Junts+ fixou como obxectivos culminar o proceso de autodeterminación e superar a anormalidade da política catalá.
"Non é normal que aínda non poidamos atravesar a fronteira, non é normal que non poidamos poñer unhas urnas e non é normal que o Parlamento non poida debater se quere unha República ou se quere falar de autodeterminación. Iso non é normal", sinalou Puigdemont ante un público entregado.
Mentres, o PP presentaba hoxe en Barcelona as súas candidaturas para unha campaña formulada en positivo. Explicaron que dirán si a máis calidade no ensino e na sanidade e tamén fronte a turismofobia e industriofobia.
"É unha candidatura, e é moi importante lembrar isto na Cataluña actual, do si fronte á cultura do non a todo que impulsou a esquerda en Cataluña coa complicidade de Junts, aínda que agora tenten disimular", proclamou Alejandro Fernández, líder do PP catalán.