Puigdemont preséntase como a alternativa para "culminar" a independencia
Puigdemont preséntase como a alternativa para "culminar" a independencia
O líder de Junts+ sostén que ERC "desaproveitou" a maioría independentista no Parlament
Esquerra Republicana de Catalunya segue aspirando a un debate electoral a tres
Os socialistas falan dunha década perdida e o PP presenta unha campaña en clave propositiva
Desde o sur de Francia, en Elna, Carles Puigdemont presentou as candidaturas de Junts criticando especialmente o Govern de Aragonès por fata de liderado e reivindicando a autodeterminación.
"Os cidadáns fixeron o traballo, puxeron as urnas, votamos..., votamos que se tiñamos unha maioría clara culminaremos o proceso de independencia, que é o que o presidente Aragonès asumiu cos nosos votos".
Precisamente, Pere Aragonès percibe a Illa obsesionado con non molestar a Moncloa e a Puigdemont co seu regreso político, e rétaos de novo.
"Nós temos proxecto e propostas e, por tanto, volvo emprazar hoxe a Salvador Illa e Carles Puigdemont a facer este debate, a confrontar propostas, a confrontar ideas".
Para o socialista Salvador Illa, Cataluña perdeu unha década con Mas, Puigdemont, Torra e Aragonès e asegura que agora toca un cambio de rumbo.
"Unha nova etapa para unir e para servir. Estes verbos vounos usar moito durante estas cinco semanas, porque son a clave para o futuro de Cataluña", sinalou o candidato do PSC.
O PP catalán, liderado por Alejandro Fernández, tamén presentou os seus candidatos apelando a unha campaña construtiva en educación, sanidade, industria ou turismo.
"É unha candidatura, e é moi importante lembrar isto na Cataluña actual, do si fronte á cultura do non a todo que impulsou a esquerda en Cataluña coa complicidade de Junts".