Cargando resultados...
Pulo na venda dos comestibles polos magostos do San Martiño
Pulo na venda dos comestibles polos magostos do San Martiño
A castaña está dende os tres euros o quilo, a máis barata, ata os seis euros
G24.gal
10/11/2021 14:54
É véspera do San Martiño, día festivo en Ourense, e nótase moito nos mercados, hoxe ateigados.
A castaña está na praza de abastos de Ourense dende os tres euros o quilo, a máis barata, ata seis euros.
Polo momento din, tranquilos, castañas para asar estes días aínda hai. Non hai magostos sen castañas, pero o viño e o churrasco tampouco poden faltar.
E para o chourizo, fai falta pan, que subiu tamén o prezo. Os magostos danlle en Ourense un importante pulo ao pequeno comercio porque seguen celebrándose como é tradición.
A partir deste xoves os montes e fogares de Ourense arrecenderán a castañas e chourizos asados.