Publicador de contidos
Publicador de contidos

Punto negro na A-52 ao paso por Salvaterra de Miño

Punto negro na A-52 ao paso por Salvaterra de Miño

Unha condutora saíu da vía e quedou ferida leve

Neste mesmo punto faleceu o sete de xaneiro un condutor golpeado por un coche que cruzou ao carril contrario

O Servizo de Mantemento de Estradas revisa o estado da A-52 despois do enésimo accidente no quilómetro 290.
G24.gal 13/03/2023 13:51

Esta mesma mañá, unha muller quedou ferida leve ao saír da vía o vehículo que conducía. Trátase dun punto negro nesta estrada ao seu paso polo concello de Salvaterra de Miño. Usuarios e veciños da estrada falan do mal estado da vía, pero tamén da necesidade dos condutores de estremar as precaucións, nesta e en todas das estradas.

O pasado 24 de decembro, un coche sufriu unha saída de vía e envorcou danando a barreira de protección. Este foi substituído temporalmente por unhas barreiras separadoras de plástico que en caso dun forte impacto non impedían invadir a medianeira.

E iso foi precisamente o que sucedeu dúas semanas despois, cando un condutor de 25 anos saltou ao carril contrario e bateu de fronte contra outro coche. O mozo, que deu positivo no test de drogas, resultou ferido grave e causou a morte do condutor do outro vehículo, e feridas á muller e á filla de trece meses da vítima, que era un coñecido avogado vigués. Agora está investigado por delitos de homicidio imprudente e contra a seguridade viaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar