Publicador de contidos
Publicador de contidos

Que é o dereito ao paro académico que recoñece a nova lei universitaria?

Que é o dereito ao paro académico que recoñece a nova lei universitaria?

Unha reivindicación histórica do colectivo de estudantes que poucas universidades teñen regulada

G24.gal 04/05/2022 17:02

Non asistir á clase por estar de folga considérase unha falta inxustificada en practicamente todas as universidades españolas. O alumno que non vai ás clases pode ser sancionado. Para evitar unha protesta, os profesores tamén poden poñer un exame no día de folga e os que non asistan suspenderán a materia.

O dereito á folga, normalizado nas sociedades democráticas, non se lles recoñece, porén, aos estudantes.

A nova Lei orgánica do sistema universitario (LOSU) que o Goberno quere aprobar en 2023 porá fin a esta situación.

A norma permite aos consellos de estudantes paralizar a actividade académica e garantir o dereito á manifestación dos alumnos. E todo iso, sen que sufran consecuencias negativas porque se manteñen intactos os seus dereitos á docencia e á avaliación.

"A LOSU configurouse así como unha ferramenta para ampliar os dereitos da comunidade universitaria en xeral ao longo de todo o seu texto e do estudantado neste caso particular", explican fontes do Ministerio de Universidades.

"Este avance supón o logro dunha reivindicación histórica da representación estudantil que, a través do seu recoñecemento na lei, blinda o dereito á protesta e imposibilita que o estudantado sufra ningunha consecuencia académica por iso", explican nun comunicado.

A norma porá como condicións para os paros que sexan convocados por un órgano de representación dos alumnos e que se avise con antelación ao reitorado.

A Coordinadora de Representantes de Estudantes de Universidades Públicas (CREUP) e o Consello de Estudantes Universitarios do Estado (CEUNE)  cren que texto, aínda en fase de redacción, debe seguir avanzando na participación e representación estudantil, para que "consolide a súa posición como parte fundamental da Universidade". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade