Publicador de contidos
Publicador de contidos

Que podemos aprender do país co mellor sistema educativo do mundo?

Que podemos aprender do país co mellor sistema educativo do mundo?

A resposta está en Estonia, que revalidou a primeira posición no informe PISA despois de desbancar a Finlandia en 2018

Os alumnos do IES Rosalía de Castro de Santiago coñeceron as escolas da cidade de Pärnu e destacan a autonomía dos docentes e a liberdade do alumnado

G24.gal 12/12/2023 14:39

Os métodos baseados no abraio e na sorpresa foron os que máis entusiasmo provocaron entre os doce alumnos do Rosalía de Santiago que se foron de Erasmus Plus ao mellor sistema educativo do mundo. 

"Usan a diversión para facer a apredizaxe máis efectiva".

O alumnado do Rosalía fixouse en métodos coma un xogo de pelota para comprobar se os alumnos comprenderon a materia, e destacaron a practicidade do que aprenden na escola. Eles mesmos puideron asistir ás aulas e comprobar, nunha experiencia inmersiva, como organizan as clases o os horarios, que son similares aos de aquí. 

Chamoulles a atención que as aulas non se organizan por grupos de alumnos, senón por materia. En Pärnu, na cidade que eles visitaron, están ata en 5 edificios diferentes.

"Eles móvense con total autonomía pola cidade, que ten carril bici, transporte público e todas as infraestruturas preparadas para que este tipo de sistema sexa posible. Van andando ou en patinete de aula en aula, de ciencias a arte, por exemplo. E teñen descansos de ata 20 minutos. Así que con eses paseos os alumnos tamén están máis aireados", explica o profesor do IES Rosalía Alberto Sacido.

Os alumnos destacan o feito de que en Estonia o móbil non está prohibido nas aulas e os profesores explican que isto é posible grazas a que se fomenta a cultura da responsabilidade "que xa a traen da casa". 

Conséguense tamén bos resultados no informe PISA na autonomía dos profesores e dos centros, que, por certo, se xestionan desde a Administración local. 

"O número de alumnos por clase é moito máis reducido que aquí. Iso é fundamental porque este tipo de ensino non se pode facer con 28 ou 30 alumnos por clase", di Alberto Sacido, profesor de profesor do IES Rosalía .

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade