Publicador de contidos
Publicador de contidos

Que traballe o diñeiro, por Venancio Salcines

Que traballe o diñeiro, por Venancio Salcines

A transición dixital parece que alimentará a demanda dos metais estratéxicos

A demanda de alimentación mundial vai en crecemento, tanto en produtos básicos como en elaborados

G24.gal 22/06/2023 07:56

Chega o verán e moitos empezan a pensar que eles teñen que coller vacacións pero o seu diñeiro ten que poñerse a traballar, e loxicamente pensan en investir en accións.

Se vostede está nesa situación, aquí algúns consellos;

1.- Construír unha carteira, é dicir, diversificar o investimento. Con valores que fagan contrapeso, se pensa que un ten moito risco, intente compensar con outro que vexa mais seguro.

2.- Marcar un obxectivo. O investimento debe ter un horizonte temporal, nese tempo ten que ter claro que e posible que non poida acceder aos seus cartos. É importante poder vender cando é positivo para un, facelo con liberdade.

3.- Ter claro que o risco está vencellado co beneficio. Sen risco non hai beneficios; agora, con riscos tamén pode ter moitas perdas.

4.- Fortaleza psicolóxica. É sinxelo que movementos bruscos do mercado afecten o seu sentimento investidor e o medo afecte a súa capacidade para a análise.

Dito isto, é complicado dicir en que valores pode ter un mellor resultado; non obstante, temos sectores que van ver mellorada, e moito, a súa rendibilidade, como a banca.

Mentres teñamos xuros coma os actuais e o pasivo, o aforro, sexa tan barato, parece evidente que obterá mais beneficios.

A aposta pola transición dixital parece que alimentará a demanda dos metais estratéxicos como o cobre ou o cobalto; por tanto, os mercados de minerais parecen unha boa alternativa, á diferenza do petróleo ou o gas, que parece que en poucos anos entrarán no seu teito de crecemento.

O terceiro sector que me atrevo a aconsellar e ó agro industrial. A demanda de alimentación mundial vai en crecemento, tanto en produtos básicos como elaborados. As melloras de renda dos países en vías de desenvolvemento son una variable de peso cando falamos dos motores destes mercados alimentarios.

En que empresas investir? Aquí, amigos, xa é cousa de cada un, ou de acceder a un asesor de confianza. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade