Publicador de contidos
Publicador de contidos

Queda atrapado entre o tractor e o remolque e sae sorprendentemente ileso

Queda atrapado entre o tractor e o remolque e sae sorprendentemente ileso

José estaba botando esterco nunha leira cando lle embarraron as rodas e o tractor pinou 

Mantivo a calma ata que foi rescatado polos efectivos de Emerxencias de Teo e Padrón 

Aos seus 75 anos di que vai seguir traballando co tractor porque os novos non o fan 

G24.gal 14/03/2024 15:06 Última actualización 14/03/2024 16:40

A José é difícil velo lonxe do seu tractor. Tivo un durante 30 anos e con este xa leva dez. En todo ese tempo di que nunca levou un susto coma o que viviu este semana cando foi descargar esterco a unha leira, preto da súa casa do lugar de Pite, na parroquia de Lucí, en Teo. 

"Eu xa tiña a metade do remolque descargado e ao quedar o peso todo diante aínda se enterraron máis as rodas do tractor e foi cando se levantou de diante. Dixen eu: alá vai!, cando vin vir o volante cara a min e non tiña para onde apartar metín a cabeza dentro do volante". 

José conseguiu apagar o motor e manter a calma ata que uns ciclistas o viron e deron a alerta a Emerxencias para o seu rescate. Os efectivos do Servizo Municipal de Emerxencias de Teo e do GES de Padrón foron os que se encargaron de sacalo do pequeno espazo no que quedou atrapado. Todos, incluso el mesmo, se sorprenderon de que saíra ileso. 

"Quedou o espazo xusto para non provocarlle lesións pero si para impedirlle saír do vehículo". 

Pablo Muñoz, cabo do GES de Padrón, di que están afeitos a acudir a accidentes coma este, e que o habitual é que as consecuencias sexan moito máis graves. Aínda que tamén constata que "desde que se mellorou a maquinaria e as medidas de prevención non pasa tanto."

José é consciente que é o seu é o perfil máis habitual dos accidentes agrícolas, pero el considera simplemente que é o lóxico dada a realidade actual no agro. 

"Hai moitos accidentes de tractores de xente maior, pero se non e a xente maior, onde hai a xente nova para andar co tractor? E se algo queremos coller e queremos comer alguén ten que andar".

O tractor quedou totalmente levantado e perpendicular ao remolque O tractor quedou totalmente levantado e perpendicular ao remolque
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade