Publicador de contidos
Publicador de contidos

Veciños de Nigrán quedan sen un camiño que usaban desde hai medio século

Veciños de Nigrán quedan sen un camiño que usaban desde hai medio século

Veciños de Camesella en Nigrán protestan, pero teñen sentenzas en contra

G24.gal 14/03/2024 14:31

Veciños do barrio da Camesella en Nigrán están a desenvolver mobilizacións xa que consideran que un novo propietario incorporou un camiño histórico á súa propiedade  para poder edificar. 
Lembran usar o camiño desde hai  máis de cincuenta anos, agora xa non o poden facer. Polo  de agora a xustiza non lles está a dar a razón con dúas sentenzas en contra.

Toda a vida empregando o camiño e consideraban que era público, ata que o novo propietario o pechou. Algún veciño tamén apunta que viron documentos en que o predio adquirido tiña inicialmente cen metros menos que os que figuraron inicialmente. Os veciños  que se están a mobilizar contan co apoio da asociación de veciños de San Pedro da Ramallosa. O tesoureiro afirma tamén que recentemente fixeron un inventario de vías en que o camiño figuraba.

Quen non lles dá a razón é a xustiza nin o actual propietario. Un dos afectados é o músico Amaro Ferreiro, que perdeu un dos accesos á súa vivenda.

Xa iniciaron conversas co concello e probablemente o novo paso xudicial será reclamar a servidume, que semella recoñecida polos testemuños veciñais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade