Publicador de contidos
Publicador de contidos

Quéimalle o coche por retirarlle o saúdo

Quéimalle o coche por retirarlle o saúdo

O autor foi detido e, tras a denuncia, un xuíz impúxolle unha orde de afastamento que dubidan que cumpra

Estado en que quedou o coche da parella de Xabier despois de que o veciño lle prendera lume
G24.gal 23/09/2022 13:51

Un veciño de Agolada denuncia o acoso que vén sufrindo desde hai un ano por parte dun veciño seu. Asegura que nunca tivo ningún problema máis alá de retirarlle o saúdo polos seus malos modais. A obsesión chegou a tal extremo que esta semana de madrugada primeiro rebentoulle os vidros do coche da súa parella e logo prendeulle lume.

Xabier reside desde hai un ano coa súa parella e o seu pai dependente nunha casa de Agolada. Asegura que ao pouco tempo comezou o pesadelo por mor do comportamento obsesivo e violento dun veciño que vive a escasos metros deles. Xabier asegura que nunca tivo problemas con el, pero que reaccionou así porque decidiu retirarlle o saúdo.

Xabier asegura que o mércores os ameazou varias veces ao cruzarse con el na rúa. E das palabras pasou aos feitos. Contra a medianoite tomouna co coche da súa parella, que estaba aparcado na rúa.

Tras identificalo como autor do ataque, o home foi detido pola Garda Civil. Xabier e a súa parella presentaron denuncia e o xuíz de garda impúxolle unha orde de afastamento de 50 metros e prohibiulle comunicarse con eles. Xabier dubida que a cumpra.

A muller do denunciado rexeitou facer declaracións sobre o asunto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade