Publicador de contidos
Publicador de contidos

Queixas polas fochancas da N-540 que provocan avarías e accidentes en Guntín

Queixas polas fochancas da N-540 que provocan avarías e accidentes en Guntín

As fochas obrigan a circular moi amodo para poder esquivalas

G24.gal 11/04/2024 13:19

Amodiño e con moito ollo coas fochancas. Así hai que circular por este treito da nacional 540 en Guntín se non queremos acabar co noso coche no taller, como xa lle ocorreu a máis dun. Moitos condutores non ven suficientes os sinais provisionais de advertencia colocados na estrada.

En realidade, din, hai zonas nas que practicamente hai que frear ou conducir a modo de carreira de obstáculos se non queremos deixar unha roda ou algo máis. Os veciños de Guntín e os usuarios din estar xa fartos, porque as fochancas levan meses así e non albiscan unha solución.

Din que hai algunhas de ata dez centímetros, nunha zona que rexistrou xa varios accidentes e moitos sustos. Por iso cren que non se pode agardar ao previsto proxecto de reforma integral desta estrada anunciado polo Goberno central, xa que as obras non estarán rematadas, se se cumpren os prazos máis optimistas, antes dun ano e medio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade