Cargando resultados...
Quen ten o hábito de ler o xornal no bar resístese a perdelo
Quen ten o hábito de ler o xornal no bar resístese a perdelo
G24.gal
26/04/2023 22:34
Última actualización 27/04/2023 07:53
Nun cartel lémbraselles aos clientes que se gustan de ler o xornal teñen 20 minutos para facelo. Se requiren máis tempo, deben lelo en voz alta. Máis de cinco anos leva pendurado o cartel na cafetería dun local social de Sada. Un xeito de convidar a compartir o periódico.
O hábito de ler no bar o xornal en papel segue manténdose fronte ao uso do móbil e o consumo da prensa dixital. Sexa como for, quen ten o costume resístese a perdelo.