Cargando resultados...
Raúl Jardiel será o novo inquilino do banco de Espiñedo
Raúl Jardiel será o novo inquilino do banco de Espiñedo
Adestrou o Teruel, rival dos do Carballiño, na última temporada
G24.gal
24/06/2024 21:25
O novo adestrador do Arenteiro para a vindeira temporada será Raúl Jardiel. O técnico zaragozano asina por unha campaña e vén acompañado por Pablo Roldán, que será o segundo adestrador. Ten 42 anos e chega procedente do Teruel da Primeira Federación. Antes dirixiu o Ebro, co que ascendeu a Segunda Federación. Tamén pasou polas categorías inferiores do Zaragoza.